Thursday 25 de April de 2024

Un total de 55 veciños e veciñas de Frades participan nunha excursión a Salamanca


 

Un total de 55 veciños e veciñas de Frades participaron nunha excursión a Salamanca, que tivo lugar entre o venres 5 e o domingo 7 de abril. Unha viaxe na que estiveron acompañados polo concelleiros de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra, e Maiores, Jesús Francos Sánchez.

Durante tres días, a expedición realizou visitas guiadas ás vilas de Alba de Tormes, A Alberca ou Cidade Rodrigo, así como a distintos puntos da vila de Salamanca. Entre outros lugares de interese cultural, puideron visitar o castelo dos Duques de Alba, a praza maior de Salamanca, a Casa das Cunchas… Esta é a cuarta vez nos últimos seis anos na que a expedición fradense visita Castela e León e a segunda que inclúe parada en Salamanca.

Para o vindeiro sábado 20 de abril está programa unha nova viaxe a León, nesta ocasión con visita ás Médulas e a Ponferrada. Nesta ocasión será unha viaxe dun día de duración, con saída ás 8:00 da mañá do Concello de Frades e volta pola noite, tras visitar as Médulas, o Castelo dos Templarios e outros lugares de interese.

O prezo das anotacións é de 30 euros para persoas adultas e 20 euros para crianzas ata 12 anos (prezo que inclúe viaxe, almorzo, xantar e entradas). Inscricións no Concello de Frades ou no 981 695 567 antes do 11 de abril.